Somos un centro de 0 a 3 anos de Iniciativa Social de carácter privado, subvencionado pola Consellería de Política Social e situado no enclave natural privilexiado do Pombal, parroquia de Adina (Sanxenxo). Unha escola con máis de 30 anos de experiencia onde os nenos e as súas familias participan de maneira activa e dende a experiencia en toda a súa educación.
Neste primeiro ciclo os nenos xogan, crean e aprenden cousas novas, e son estas primeiras vivencias e aprendizaxes as que formarán os piares fundamentais no desenrolo da súa personalidade e as súas actitudes ante retos futuros. Por este motivo, para nós é unha satisfacción e un gran orgullo poder ofrecer ós nosos nenos e ás súas familias o maior apoio posible nesta etapa.
Contamos cun excelente proxecto educativo, con programas específicos para cada idade (0-1 anos, 1-2 anos e 2-3 anos), onde os nosos alumnos desfrutan aprendendo, buscando o desenvolvemento integral das súas capacidades, da man de persoal de ampla experiencia en educación temperá que afronta con gran ilusión este gran reto mediante:
- Atención individualizada, co cariño que requiren nenos tan pequenos.
- Programa de estimulación temperá e sensorial.
- Fomento da autonomía persoal e da hixiene.
- Obradoiros de experimentación.
- Desenvolvemento da imaxinación, o talento, a creatividade e a intelixencia emocional de cada un dos nosos alumnos.
- O xogo, a arte, a música e a tecnoloxía son algúns dos vehículos para o aprendizaxe.
- A psicomotricidade.
- A interacción dos máis pequenos coa natureza en amplos espazos abertos e accesibles aos pais.
- A inmersión dos nenos nun entorno plurilingüe desenvolvido de forma natural e que abrangue galego, castelán e inglés.
- Favorecendo a autoestima e a colaboración mediante o diálogo, a negociación e as pequenas responsabilidades.
Ademais o centro potencia e impulsa:
- A colaboración familia - escola: Promovendo a comunicación entre ambas partes e a participación das familias de forma activa no desenvolvemento das capacidades dos máis pequenos.
Coa finalidade de axudar aos pais na tan difícil conciliación do traballo e a vida familiar, o noso centro permanece aberto dende as 8:30 hs ata as 18:00 hs para así poder ofrecer a franxa horaria que mellor se adapte a cada familia. Ademais, entre outros servizos, contamos cun comedor de elaboración propia, saudable e menús especiais para todo tipo de alerxias e intolerancias.
Dende a escola animámosvos a poñervos en contacto con nós e así poder coñecernos.