A Escola Infantil Abrente conta con máis de 12.000 m² de xardíns e espazos deseñados para o desenvolvemento integral dos máis pequenos, así coma para ofrecer a súa máxima seguridade e comodidade.
- 5 aulas independentes, diferenciadas por idades, de máis de 50 m² cada una.
- Aula de usos múltiples e psicomotricidade de 150 m².
- Aula de estimulación temperá e sensorial.
- Aula de experimentación.
- Áreas de descanso e sono.
- Baños adaptados.
- Todas as aulas contan con luz natural, e están equipadas con recursos multimedia e materiais didácticos específicos.
- Comedor e cociña propia, equipada para atender todas as necesidades alimenticias.
- Terraza exclusiva cun amplo espazo de xogo ó aire libre.
- Patio infantil exterior.
- Horta.
- Pavillón polideportivo cuberto.
- Máis de 8.000 m² de espazos exteriores con zonas de céspede, area e pistas polideportivas, ademais dunha área natural con árbores, arbustos, flores e andares dispoñendo así de espazos tanto de sol coma de sombra.
- Espazos abertos, accesibles aos pais.
- Zona de recepción e administración.
O conxunto das nosas instalacións está deseñado para o desfrute e o desenvolvemento dos nenos nun ambiente seguro e pedagoxicamente planificado.