Antes de comezar o período de adaptación, solicitarase unha entrevista inicial aos pais para obter información individualizada do neno.
As familias recibirán información puntual no Caderno Viaxeiro, así coma no momento da recollida dos nenos. No caso de información xeral serán convocadas reunións cos pais de cara ó inicio do curso, así coma ó longo deste.
Para un seguimento da evolución dos máis pequenos, realizaranse titorías a nivel individual que tamén poderán ser solicitadas polos pais, si así o consideran preciso, por medio do caderno viaxeiro ou comunicándoo directamente ás súas titoras.
Calquera outra cuestión poderá comunicarse na secretaría do centro.